Foro de novas

VOLTA ÁS CLASES!

VOLTA ÁS CLASES!

por IRENE PORTAS PETEIRO -
Número de respostas: 0

Ola a todas/os,

Como estades? Agardo que vós e as vosas familias esteades ben. 

Como sabedes esta semana retómanse as clases pero á espera de que cheguen todas as indicacións da Consellería de Educación sobre como se vai desenvolver este último trimestre, durante esta semana imos facer o seguinte:

Aquel alumnado que teña atrasado algún boletín ou tarefa pode facelo esta semana e ir enviándomo para que poida revisalo.

Podedes seguir facendo a tarefa de #Naturezanacasa que está aberta ata rematar a primavera

Podedes visualizar algún dos documentais, películas ou programas que vos propoño no apartado de "Outros recursos".

Seguide atentas/os aos avisos que vaia dando. Recordade que ante calquera dúbida sempre podedes escribirme e lembrade que hai un documento de "Indicacións para a realizacion do traballo telemático" no que aparecen as pautas do traballo telemático nesta materia. 

Unha forte aperta, bótovos de menos!

Irene