Foro de novas

Aviso semana 27 de abril

Aviso semana 27 de abril

por IRENE PORTAS PETEIRO -
Número de respostas: 0

Ola a todas/os!

Agardo que esteades ben. Xa tedes a tarefa desta semana colgada na aula virtual.

Esta semana propóñovos xogar a ser médicos e médicas por un día e interpretar unha analítica de sangue real. 

IMPORTANTE: esta actividade entregaranse a través da TAREFA da aula virtual e non do correo electrónico.

A entrega da tarefa da semana pasada sobre O Corazón segue aberta para que ma poidades enviar aqueles alumnos/as que aínda non o fixestes. Os boletíns das primeiras semanas e a actividade de #Naturezanacasa si podedes seguir envidándomas ao meu correo electrónico.

En canto cheguen novas  instrucións da Consellería de Educación informareivos con máis detalle de como se vai desenvolver a fin deste curso, mentres tanto transládovos o que se contempla neste momento. A nota final será a media das dúas avaliacións anteriores e o traballo realizado durante o terceiro trimestre poderá subir a nota final. 

Unha aperta enome, coidádevos moito.