Section outline
-
PROPOSTAS ESPACIAIS
Xa sabedes que esta noite de madrugada ten lugar no noso inmenso ceo un increíble acontecemento no que a lúa é a gran protagonista. A superlúa lle chaman, dádesvos conta que leva nome de súperheroe? Pois como todo súperheroe ten os seus propios poderes, xa sabedes cales son, verdade? Iso é, ten o poder de brillar e de facerse grandeeeeeee no infinito universo….
Non podemos perdela de vista, por iso hoxe vos propoñemos unhas actividades que vos van a encantar:
Primeiro imos a diseñar o noso telescopio , moi fácil e sinxelo de facer: https://youtu.be/uDLUmvefhTs (Neste vídeo podedes ver como se elabora).
Na segunda proposta, invitámosvos a xogar na escuridade, podedes crear o voso pequeno e especial planetario.
E como terceira e última proposta, imos a recrear e ver no chan unha fermosa AURORA BOREAL, probade a facelo é un experimento co que estamos seguros que ides disfrutar un montón.
(Deixamos este enlace, de exemplo)
https://www.instagram.com/p/B_nDujwHkgr/?igshid=aczeo5ufbi55
Agardamos con moita ilusión as vosas produccións espaciais! Desexamos que desfrutedes moito facéndoas!!
Un bico espacial…