Section outline
-
Coa chegada da primaveira, os nosos campos volven a encherse de bechos do máis variopinto: xoaniñas, cempés, bolboretas, caracois… que sempre espertan a curiosidade dos nenos e nenas.
Paco Nogueiras, é ben sabedor deles e agasállanos có conto cantado “Quén é ese becho?”
Clicade sobre a imaxe para desfruta del.
Gustouvos?
Velaquí vai a nosa proposta de hoxe:
PROPOSTA 1. Convertémonos en “observadores da natureza”.
Descargade a plantilla que tedes a continuación e, durante os paseos coas vosas familias, buscádeos pola vosa contorna anotando na mesma onde os atopachedes (no río, no campo, nunha árbore, nunha flor…). Aproveitade para fixarvos nas súas cores, anatomía (partes do corpo, número de patas...), maneira na que se desprazan (reptando, voando...), etc.
Preparados? Pois a explorar e bichear pola natureza!!! Pero iso si, non vos esquizades de facelo de maneira coidadosa e respetando o noso medio ambiente.

PROPOSTA 2. Crear o voso propio museo de bechos.
Buscade material de refugallo e da natureza e, con éste, creade algún becho. Na seguinte imaxe tedes algún exemplo.

Estamos seguros de que inventaredes unhs bechos moooooi especiais e orixinais.
