Section outline
-
OLA LINCES E LINCESAS!
POIS ENTRE UNHAS COUSAS E OUTRAS XA PASOU XANEIRO E CHEGOU FEBREIRO. DESDE LOGO NON COMO ME GUSTARÍA POIS ESTE ANO VEN ALGO TRISTEIRO PORQUE TEMOS MOITAS GANAS DE QUE ESTAR XUNTOS E AÍNDA TEMOS QUE ESPERAR UN POUCO NA CASA.
PERO NON VOS PREOCUPEDES, EN CANTO VOLVAMOS Á ESCOLA, PODEREMOS DESFRUTAR DESTE MES INVERNAL, DE ENTROIDO, MÚSICA E DESFRACES!
POLO MOMENTO O QUE SI QUE ESTÁ CUMPRINDO É COS REFRÁNS QUE FALAN DE FEBREIRO COMO UN MES ONDE TEN QUE CHOVER PARA QUE CANDO CHEGUE A PRIMAVERA O CAMPO ESTEA VERDE E AS PLANTAS TEÑAN MOITA AUGA NA TERRA PARA PODEN DAR FLORES DE TODAS AS CORES.
DEIXOVOS UN DEBUXO DO MES DE FEBREIRO ONDE UNHA PANDA ESTÁ FACENDO OUTRA COUSA DIVERTIDA QUE SE PODE FACER NESTE MES.
BICOS GRANDES!!
-
Xa vai a metade do inverno e a natureza comeza a chamar pola primavera!

Prestade moita atención sempre que saiades ao campo para poder escoitar os cantos dos paxaros que, despois de pasar o inverno en lugares menos fríos, volven a Valdoviño a buscar un compañeiro ou compañeira co que facer o seu niño e pasar a primavera e o verán.
Coñeces o nome dalgún dos paxaros que estamos falando? Investiga, pregunta aos teus pais, avós ou familiares a ver se cho poden dicir. Se o descobres escribe o seu nome no teu debuxo e así nolo podes ensinar o vindeiro día.
Agora preme no enlace, fai o teu debuxo da Voda dos Paxariños, e non esquezas os corazóns!
Agora preme no arquivo, fai o teu debuxo de "A Voda dos Paxariños", e non esquezas os corazóns!





















