Section outline

  • Aínda que esta é una situación atípica… segue sendo Primavera!! Que vos parece se enchemos as nosas casas de flores?? Propoñémosvos que fagades os vosos propios deseños, cos materiais que se vos ocorran e que teñades na casa; cartulina, papel, cartón, botellas, garfos, pintura… Xa sabemos que imaxinación non vos falta. Aquí podedes ver algúns exemplos para inspirarvos:

         

          

    Tamén, se vos apetece, podedes tomar como inspiración para alguna das vosas flores o estilo das que fai Yayoi Kusama. Recordades?

                   

    Para conseguir este efecto escultura de Yayoi, podedes facelo cun material moi sinxelo de elaborar, a pasta de sal. Deixámosvos un vídeo no que Valentina, da clase dos elefantes, explica moi ben como preparalo (Pinchade na imaxe para velo):

    Agardamos ver as vosas flores, para encher todo de cor!!! Para os que non as teñades naturais, podedes empregar estas para celebrar a festa dos Maios!!