Section outline

  • Onte, 15 de Abril, foi o día da arte e para conmemoralo propoñémosvos un reto de super artistas! Que vos parece se reproducides a vosa habitación? Como fixo o pintor Vicent Van Gogh no ano 1888, neste cadro:

    Deixade voar a vosa imaxinación e collede o material que máis vos guste para facelo! Pinturas, ceras, acuarelas, rotuladores, plastilina, cartolina... Desta maneira compartiredes unha parte tan persoal das vosas casas e estaremos máis xuntos e unidos neste tempo de estar na casiña.

    Animádesvos??