Acceda a través de FProfe > Xestión Actividades > Código da actividade > Xestión diaria > Calendario

A persoa que coordina unha actividade é responsable de organizar as sesións de traballo e de rexistrar a asistencia dos participantes. A tal fin, cómpre facer algunhas breves xestións antes de cada reunión ou xornada.


Paso a paso

      1. Acceda á zona de xestión da súa actividade.
      2. Diríxiase á lapela Xestión diaria e, a continuación, Calendario.
      3. Indique a data e hora da xornada.
        Nota: A duración mínima dunha sesión é 2h, máxima de 4h e non poden celebrarse en horario de docencia do centro.
      4. En Observacións, introduza unha frase a modo de asunto.
      5. Defina o tipo de sesión: grupal, individual ou docencia.
        Máis información
        Tipo* Como definir en FProfe
        Grupal
           [ Non marque ningunha cela, por defecto considérase grupal ]
        Individual
            [ Marque a cela Sesión traballo individual ]
        Docencia
           [ Seleccione o/a relator/a e prema en Engadir ]

        Prema nesta ligazón para saber máis información acerca do tipo de sesión.
      6. Prema no botón Gravar.
      7. Diríxiase á lapela Xestión diaria e, a continuación, Faltas.
      8. Seleccione a data da xornada previamente creada.
      9. Prema no botón Folla de asistencia.
      10. Acceda ao Buzón de informes e descargue a folla de sinaturas.