Actividades
Existen varias liñas de traballo, definidas no Plan de Formación Anual do profesorado. Dentro de cada liña poden definirse un (ou varios) itinerarios de traballo. Por último, un itinerario pode implicar, á súa vez, unha (ou varias) actividades formativas relacionadas entre si, pero independentes. Existen dous tipos de actividades, os Grupos de Traballo (GT) e os Seminarios (SEM). Na seguinte imaxe pódense ver as diferencias máis significativas entre unha e outra:

Unha vez identificadas as necesidades específicas do seu centro, a persoa asesora do CFR de Vigo poderá organizar a formación para adecuala á estrutura formal dun PFPP seleccionando as liñas de traballo e itinerarios pertinentes, así coma as actividades asociadas. Feito isto, o/a asesor/a do CFR de Vigo porase en contacto con vostede para solicitarlle que revisen a información da lapela Actividades.
⚠️
Non é obrigatorio ter sesións de docencia
Calquera docencia deberá ser previamente autorizada polo CFR de Vigo.
Un/ha relator/a que imparta docencia no seu propio centro certificará tamén como asistente se non imparte máis do 15% do total de horas da actividade.
Que cómpre facer nesta lapela?
- Revise os obxectivos específicos que pretenda acadar con cada actividade en concreto.
- Revise os contidos específicos para traballar nas actividades.