Acceda a través de FProfe > Xestión Actividades > Código da actividade > Comprobar

A persoa que coordina actividades nun PFPP ten principalmente dúas responsabilidades ao longo do curso: xestionar a asistencia dos participantes e elaborar as actas. Estas xestións realízanse directamente en FProfe, accedendo á actividade grazas ao código que lle proporcionará o/a asesor/a do CFR tras a aprobación do PFPP.


Paso a paso

Para acceder á xestión da actividade, proceda do seguinte xeito:

      1. Acceda a FProfe cos seus credenciais instucionais.
      2. No menú lateral esquerdo, prema sobre Xestión actividades e, a continuación, sobre Xestión.
      3. Na caixa Datos da actividade introduza o código da actividade que desexa xestionar.
        Exemplo de código: V2406523
      4. Prema no botón Comprobar.


⚠️
Só as persoas coordinadoras teñen acceso á xestión da actividade.
Por favor, non confunda o código da actividade co código do PFPP.