Hai que léelos,,eu aínda non rematei(e que vou aos poucos) pero nun sito hai un fallo, pon familia de fabricación mecánica.
Ola son Leites, enviei a dirección de correo electrónico as miñas propostas de corrección os estatutos. Hai unha cousa que non teño clara: o caracter da asociación, porque dame a impresión lendo o borrador que en algún lado se pretende substituir aoutros organos de representación existentes: sindicatos, colexios profesionais... e eu creo que debe centrarse máis a actividade no campo do coñecimento e da optimización e compartición de recursos.
Un saúdo
Ola Leites:
Bo traballo pola revisión que fixeches. Moitas das "correccións" que fas son cambios de forma ou retoques en erros de transcrición coas que estou totalmente de acordo. Sobre as máis importantes das que creo que teñen cambios significativos de contido, fago a continuación os meus razoamentos.
Artigo 1 B: Gústame máis Promocionar e potenciar as relacións....
Artigo 1 c,,,engadir ao final docente e profesional?. é discutible,,entendemos que a nosa profesión é a de docentes, pero penso que se pode engadir.
O resto das correccións propostas ao artigo 1, artigo 2 parécenme ben,,son correccións de forma.
Correccións no artigo 8. Estou en contra de que non existan cuotas de socios, ou sexa creo que ten que haber cuotas. Primeiro por que a participación nesta asociación ten que ter un carácter voluntario e activo, e como mínimo debe existir unha cuota que o seu pago xa implica unha participación activa. Segundo por que as cuotas de socios garanten un mínimo orzamento para a supervivencia (isto non quita que se poida conseguir outro tipo de financiamento e minimizar o importe da cuota, que por outro lado nunca debe ser un cuota moi gravosa)
Artigo 10.6, estou de acordo coa correción poría algo así(é unha suxerencia) Conducirse de forma respectuosa, e cívica no eido da asociación(dubido si engadir tamén no eido profesional)
Artigo 12. Paréceme ben que os cargos teñan unha duración mínima de 2 anos, (non sei si 4 serán excesivos), e ademais que a metade da xunta sexa renovada en anos alternos para favorecer a continuidade dos proxectos en marcha e a transmisión da experiencia no cargo.
artigo 13.4 o de persoa xurídica,,,habería que discutir si a esta asociación poden pertencer persoas xurídicas(Poderían pertencer empresas ou asociacións de empresarios), de non ser o caso, sacaría o de extinción da persoa xurídica.
Sería ideal que máis xente lese e opinase sobre os estatutos.

Ola Manuel, paréceme ben o da cuota ainda que sexa mínima, por canto significa xa a adquisición dun compromiso coa mesma.
A ver si aparecen máis opinións.
Un saúdo