Bo día!?
Rematada a primeira sesión do curso, quedades en mans do meu compañeiro Marco Vélez, profesor de francés na EOI da Coruña, que vos vai introducir no marabilloso mundo da edición de vídeo e presentar outras ferramentas interesantes que facilitan a aprendizaxe activa.
Pola miña banda, agradecer o traballo feito nesta primeira sesión. Bravo! Todas e todos marchades cun libro interactivo en H5P debaixo do brazo que podedes editar, descargar e re-utilizar como queirades. Lembrade que as posibilidades son infinitas: Non dubidedes en levalo ás vosas aulas!
Se algún/ha de vós queredes continuar afondando neste tipo de contido, convídovos a seguir experimentando: podedes empregar a escaleta, á vosa disposición na carpeta de materiais, para completar o voso deseño! Se sodes quen de facelo, e de xeito totalmente voluntario, animádevos a compartir a ligazón no taboleiro disposto na aula virtual para tal obxectivo. Velaquí un pequeno video titorial dos pasos a dar:
Pola miña banda, iso é todo: vémonos o vindeiro mércores 13 de marzo! ? Non esquezades rexistrarvos en ChatGPT antes desa data: Ata entón, desfrutade das sesións que teredes con Marco.
Apertas fortes,
Paula