Benvida ao curso "Integración das TIC na aula de linguas estranxeiras"

Benvida ao curso "Integración das TIC na aula de linguas estranxeiras"

por Paula Gómez Cernadas -
Número de respostas: 0

Boas tardes a todas/os!??

Os nosos nomes son Marco e Paula! Somos as persoas titoras no curso sobre a Integración das Novas Tecnoloxías no Ensino de Linguas Estranxeiras que comeza esta mesma semana. É un pracer darvos a benvida a esta aventura formativa!  Estamos encantados/as de contar coa vosa participación neste proceso de aprendizaxe e desenvolvemento profesional.

Como sabedes, a nosa primeira sesión está programada para o mércores 6 de marzo ás 16:30 e terá lugar no Cefore de Vigo. Durante esta sesión inicial, exploraremos xuntos/as as vantaxes do emprego das TIC na aula de idiomas e afondaremos no uso de H5P como ferramenta enriquecedora do proceso de ensino-aprendizaxe.

Para que vaiades abrindo boca, os titores temos preparado un pequeno vídeo, a modo de introdución do curso, que está á vosa disposición na aula virtual. Podedes botarlle un ollo e así seredes quen de anticipar ferramentas, entender a organización dos contidos e, sobre todo, poñernos cara!?

Por último, pedímosvos un pequeno favor: no primeiro bloque do curso (Comunicación e Recursos), que xa está aberto, atoparedes unha Enquisa Inicial que podedes cubrir, co obxectivo de activar coñecementos previos. Proporcionará información interesante que teremos en conta durante esta andaina formativa.

Dispostos/as a compartir experiencias para aprendermos xuntos/as?. A vosa participación activa neste curso será fundamental para o éxito!

Esperamos contar con todas/os vós o vindeiro mércores! Non esquezades traer os vosos equipos/dispositivos e... vémonos entón!

Saúdos cordiais, 

Marco e Paula