Dúbida: entrega de vídeo

Dúbida: entrega de vídeo

por JOSE ANTONIO CANTAL MARIÑO -
Número de respostas: 1

Bo día,

estou traballando na elaboración do vídeo interativo na miña propia aula virtual a través de H5P (non coñecía o seu uso e estou interesado nas posibilidades que ofrece). O caso é que non sei se logo podo exportalo ou non, pois na tarefa teño que envialo.

Grazas e un saúdo.

En resposta a JOSE ANTONIO CANTAL MARIÑO

Re: Dúbida: entrega de vídeo

por ALICIA PÉREZ RODRÍGUEZ -
Boas José Antonio,

Cando creas un recurso H5P, na edición tes en Opción de presentación:

Habería que marcar a opción de " Amosar barra de acción e marco" ("Display action bar and frame"), para que apareza a opción de "Reutilizar" e "Embeber" na parte inferior do recurso H5P:

Se fas click en "Reutilizar", xa tes a opción de descargar o recurso, en formato .h5p:

Ese sería o arquivo a enviar.

Saúdos