H5P sen audio

H5P sen audio

por PABLO BARREIRO FERNÁNDEZ -
Número de respostas: 4

Boa tarde,

No H5P: Introdución ao vídeo interactivo, o primeiro vídeo, Primeiros pasos, inserción  non ten audio (ou polo menos eu non consigo escoitalo)

A dúbida era se é un erro meu o é algo que lle sucede a máis compañeiras/os.

No caso de que así fora, habería algunha forma de poder ver ese vídeo con audio?

Un saúdo.

En resposta a PABLO BARREIRO FERNÁNDEZ

Re: H5P sen audio

por ALICIA PÉREZ RODRÍGUEZ -
Boas Pablo,
Acabo de probar o video que comentas, Primeiros pasos, inserción do bloque H5P: Introdución ao video interactivoe si lle funciona o audio. Eu o escoito sen problema, quizás está o son un pouco baixo, pero si lle funciona o audio.
Non sei cal pode ser o problema que tes, si a configuración do audio do teu equipo, ou os axustes no vídeo, terías que darme algunha información máis para poder axudarte.
Xa me dis.
Un sáudo
 
En resposta a ALICIA PÉREZ RODRÍGUEZ

Re: H5P sen audio

por PABLO BARREIRO FERNÁNDEZ -
Ola Alicia.
Grazas por responder tan pronto.

Non teño problema con ningún dos outros videos do bloque, podo escoitar todos os demáis. O problema é únicamente con ese.

Igual me equivoco, pero se podo escoitar todos os vídeos agás ese, imaxino que os asustes da configuración de audio e video do meu equipo están ben. Como dicías que ten o volume un pouco baixo, probei a subir o volume ao máximo e tampouco escoito nada. Probei noutro dispositivo (iPad) e tampouco o podo escoitar.

Non pasa nada, imaxino que poderei enterarme mais ou menos do contido do video vendo simplemente as imaxes.

Saúdos!
En resposta a PABLO BARREIRO FERNÁNDEZ

Re: H5P sen audio

por ANTÍA OTERO REPRESAS -
Boa tarde, a min pásame o mesmo que a Pablo. Será por un problema de IOS? Eu teño un Mac e tampouco escoito o primeiro vídeo.
Saúdos
En resposta a ANTÍA OTERO REPRESAS

Re: H5P sen audio

por ALICIA PÉREZ RODRÍGUEZ -
Non sei decirche, xa que non se me ocurre que pode ser. Eu non teño Mac, teño Windows e Linux, e podo escoitalo, un pouco baixo, pero o escoito.
Si tes problemas para entender o vídeo sen o audio, dime as túas dúbidas para poder ayudarte.
Saúdos
Alicia