Explorando H5P
Requisitos do completado
1. Un resumo rapidiño!

O presente libro contén unha explicación básica e principalmente teórica sobre a ferramenta H5P. Inclúe recursos que analizan en que consiste, comentan como se pode integrar na aula e cales son as súas funcionalidades. O libro está divido en diferentes páxinas que imos navegar xuntos:
-
- Páxina 2: Xoga ao set de resposta única para amosar canto sabes sobre esta ferramenta.
- Páxina 3: Breve exposición da ferramenta e presentación de diferentes guías de uso que gardar a recado. A guía máis completa é a publicada polo INTEF. Pero tamén botaremos un ollo a outros manuais de axuda publicados por:
- O Centro de Innovación da Universidade de Oviedo.
- O CEAD (Centro de Educación a Distancia) en Canarias.
- O Manual de creación de vídeos interactivos do portal da Junta de Castilla y León.
- Páxina 4: Botaremos un ollo a varios videotitoriais de axuda para o deseño en H5P. Como existen unha morea deles, pararemos naqueles máis relevantes, onde expliquen, paso a paso, como crear diferentes tarefas: Vídeo e libro interactivos, enche os ocos, adiviña a resposta, arrastra palabras, verdadeiro-falso, etc. Gardaremos a recado os canais en YouTube de:
- Susana Aldao (Directora da EOI da Coruña).
- Tamara Expósito (profesora en el IES la Marxadella - Valencia).
- Páxina 5: Análise de modelos de exercicios xa deseñados en H5P, que poden ser descargados, reutilizados ou modificados segundo as nosas necesidades para o seu emprego nas nosas aulas virtuais. Accederemos ás seguintes páxinas:
- Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
- Lumi.com
- Páxina 6: Para por o ramo á xornada de hoxe imos integrar ferramentas de intelixencia artificial xenerativa en H5P. Aprenderemos a deseñar actividades mediante "prompts" que guiarán a ChatGPT no deseño instrucional que queremos crear para copialo directamente na caixa de edición de H5P: a actividade aparecerá como por arte de maxia!
E se isto non abonda, podedes visitar a páxina H5P.org para afondar na ferramenta. Desafortunadamente, H5P.com é de pago e, consecuentemente, pouco recomendable para o seu emprego no ensino. Non queremos aumentar a brecha dixital, non si?
Isto semella interesante! Imos aló!