Explorando H5P

Sitio: Aula Virtual do Centro de Formación e Recursos de Vigo
Curso: V2302008 Integración das novas tecnoloxías no ensino de linguas estranxeiras
Libro: Explorando H5P
Impreso por: Usuario convidado
Data: martes, 2 de decembro de 2025, 11:57 PM

Descrición

 

1. Un resumo rapidiño!

O presente libro contén unha explicación básica e principalmente teórica sobre a ferramenta H5P. Inclúe recursos que analizan en que consiste, comentan como se pode integrar na aula e cales son as súas funcionalidades. O libro está divido en diferentes páxinas que imos navegar xuntos:

    • Páxina 2: Xoga ao set de resposta única para amosar canto sabes sobre esta ferramenta.  
    • Páxina 3: Breve exposición da ferramenta e presentación de diferentes guías de uso que gardar a recado. A guía máis completa é a publicada polo INTEF. Pero tamén botaremos un ollo a outros manuais de axuda publicados por: 
      • O Centro de Innovación da Universidade de Oviedo.
      • CEAD (Centro de Educación a Distancia) en Canarias.
      • O Manual de creación de vídeos interactivos do portal da Junta de Castilla y León.
    • Páxina 4: Botaremos un ollo a varios videotitoriais de axuda para o deseño en H5P. Como existen unha morea deles, pararemos naqueles máis relevantes, onde expliquen, paso a paso, como crear diferentes tarefas: Vídeo e libro interactivos, enche os ocos, adiviña a resposta, arrastra palabras, verdadeiro-falso, etc. Gardaremos a recado os canais en YouTube de:
      • Susana Aldao (Directora da EOI da Coruña).
      • Tamara Expósito (profesora en el IES la Marxadella - Valencia). 
    • Páxina 5: Análise de modelos de exercicios xa deseñados en H5P, que poden ser descargados, reutilizados ou modificados segundo as nosas necesidades para o seu emprego nas nosas aulas virtuais. Accederemos ás seguintes páxinas:
      • Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
      • Lumi.com
    • Páxina 6: Para por o ramo á xornada de hoxe imos integrar ferramentas de intelixencia artificial xenerativa en H5P. Aprenderemos a deseñar actividades mediante "prompts" que guiarán a ChatGPT no deseño instrucional que queremos crear para copialo directamente na caixa de edición de H5P: a actividade aparecerá como por arte de maxia!

E se isto non abonda, podedes visitar a páxina H5P.org para afondar na ferramenta. Desafortunadamente, H5P.com é de pago e, consecuentemente, pouco recomendable para o seu emprego no ensino. Non queremos aumentar a brecha dixital, non si?

Isto semella interesante! Imos aló!

2. Activando coñecementos previos. Canto sabes de H5P?

3. Que é H5P?

H5P é unha ferramenta que permite crear e partillar actividades dinámicas, vídeos interactivos, contido enriquecido…  e moito máis! 

Entre as vantaxes de H5P podemos destacar que:

  • Axuda á aumentar a motivación do alumnado.
  • Permite crear contido, actividades, imaxes e vídeos interactivos, onde o alumnado é o protagonista da aprendizaxe.
  • Axuda á retroalimentación con comentarios ou explicacións que se poden insertar nas actividades. 
  • Permite a reutilización entre diferentes espacios virtuais, xa que as actividades se poden descargar ou insertar con facilidad.

Premendo na imaxe podemos acceder á páxina web didactilang.com onde se explica, con detalle, que ven sendo H5P, para que serve e... sobre todo, responde á pregunta: Todo isto é gratis?

Se aínda che quedaron dúbidas, acouga! Hai máis! Podes profundizar nas diferentes funcionalidades a través das seguintes ligazóns:

    • Guía de Uso do INTEF.
    • Outros manuaisdescargables en PDF, publicados polo Centro de Innovación da Universidade de Oviedo, o CEAD (Centro de Educación a Distancia de Canarias) e o Manual de Creación de Vídeos Interactivos do portal da Junta de Castilla y León.

De todos os xeitos, unha imaxe vale máis ca mil palabras. Se o teu son os vídeotitoriais, accede á páxina seguinte!

4. Videotitoriais de emprego

Aquí recomendamos dúas listas de reprodución que podes ter de man para o deseño en H5P

  • A playlist de Susana Aldao Linares (Directora da EOI da Coruña) permíteche acceder a cada vídeo premendo na icona correspondente.

    • Na canle de YouTube de Tamara Expósito (Asesora no Cefire, Valencia), alén de explorar actividades, seredes quen de experimentar outras funcionalidades de H5P, como por exemplo: copiar e pegar arquivos no banco de contido de Moodle.

Abonda de teoría, non si? Pasamos aos exemplos prácticos? Imos botar un ollo a páxinas que nos proporcionan recursos xa deseñados. Para aforrar tempo cando andamos a mil!

5. Exemplos reutilizables

Primeiro de todo, imos botar un ollo aos distintos tipos de actividades que podemos deseñar con H5P. Son unha morea!

  • Xa falamos de H5P.org como repositiorio de contidos.
  • Nesta páxina web podes experimentar as distintas opcións e en galego! Imos tirar para á casa!
  • De todos os xeitos, a páxina de referencia para compartir contido con outros colegas docentes será Lumi.com. Accede á lapela "Descubre contido" para facer unha búsqueda por idioma, tipo de actividade ou licencia. Canto menos restrinxas a túa procura, máis actividades terás á túa disposición!

6. Integrando a IA en H5P

A irrupción da Intelixencia Artificial na educación representa un cambio significativo porque ofrece unha ampla gama de aplicacións que poden mellorar a experiencia de aprendizaxe e reducir o esforzo do profesorado no deseño de contidos: Sabías que ante a irrupción da intelixencia artificial a plataforma H5P.org está a traballar en"prompts" que faciliten o deseño de actividades en H5P sen necesidade de crear dende cero? Lembra que o "prompt engineering" é unha arte que melloramos coa práctica e que podes botar man desta estratexia para aforrar tempo no deseño de contido, centrándote exclusivamente no obxectivo da tarefa. Apetéceche probar? 

Pois somerxámonos de cheo no mundo dos "chatbots": ChatGPT ao rescate!