1. Contidos
1. A propiedade intelectual
Imos definir uns cantos conceptos que teñen que ver coa Propiedade Intelectual para contextualizar os contidos asociados a esta parte do módulo.
A Propiedade Intelectual é o conxunto de dereitos que lles corresponden aos autores e outros titulares (artistas, productores, organismos de radiodifusión, etc.) respecto das obras e prestacións froito da súa creación.
No ámbito internacional o concepto de propiedade intelectual recolle tanto os dereitos de autor, asociados ás obras artísticas, literarias e científicas, coma os dereitos de propiedade industrial vinculadas coas invencións, os modelos industriais, as patentes e as marcas.
A nivel estatal a Propiedade Intelectual refírese, exclusivamente, aos dereitos de autor e a Propiedade Industrial regúlase mediante outra normativa específica. Polo tanto, no noso contorno, os termos de propiedade intelectual e dereitos de autor utilízanse indistintamente.
Os dereitos de autor son un conxunto de normas e principios que regulan os dereitos dos autores polo simple feito de crear unha obra, estea publicada ou sexa inédita. Esto significa que desde o momento no que un autor ou autora crea a súa obra (elaboramos uns apuntes, facemos unha foto, etc.) posúe unha serie de dereitos sobre la antedita obra.
As obras adquiren dous tipos de dereito:
- Propiedade moral: decide sobre en que forma é divulgada a obra, o recoñecemento e o respecto á integridade do autor. Esta propiedade é un dereito irrenunciable e inalienable.
- Propiedade patrimonial ou económica: comprende a reprodución, distribución, comunicación pública e transformación da obra do autor. Estas non poden realizarse sen a autorización do autor ou autora.
As licenzas de autor son os permisos que os propios autores establecen sobre os dereitos de explotación económica (dos que eles mesmos son propietarios). Os dereitos de tipo moral non se poden ceder nin explotar.
Que poden facer terceiras persoas en relación á propiedade económica das miñas obras?
A Lei de Propiedade Intelectual define que, se o autor non expresa o contrario, os dereitos de explotación económica están reservados ao autor. Isto é o que se coñece como "Todos os dereitos reservados", tamén chamado Copyright.
En consecuencia, a resposta á pregunta do título a este parágrafo é: nada
- Se eu son autor dunha obra, e non indico nada cando a poño a disposición dos demais, automaticamente adquire Copyright e ninguén pode facer nada con ela.
- Dito doutra forma, se o autor non indica dalgún xeito os usos que podemos facer das súas obras, nós non poderiamos: reproducila, distribuíla, comunicala publicamente ou transformala.
Unha vez expostas as anteriores definicións debemos tomar conciencia da necesidade de contar con licencias de autor para poder empregar calquera material creado por un terceiro.
No seguinte apartado veremos os tipos de licenciamento máis oportunos no mundo educativo.
Lexislación ao respecto da Propiedade Intelectual
A nivel estatal existe unha Ley de Propiedad Intelectual por la que se definen y se protegen los Derechos de autor en España (Ley 21/2014, de 4 de noviembre, por la que se modifica el texto refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, aprobado por Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, y la Ley 1/2000, de 7 de enero, de Enjuiciamiento Civil).