Explorando H5P
Requisitos do completado
6. Integrando a IA en H5P
A irrupción da Intelixencia Artificial na educación representa un cambio significativo porque ofrece unha ampla gama de aplicacións que poden mellorar a experiencia de aprendizaxe e reducir o esforzo do profesorado no deseño de contidos: Sabías que ante a irrupción da intelixencia artificial a plataforma H5P.org está a traballar en"prompts" que faciliten o deseño de actividades en H5P sen necesidade de crear dende cero? Lembra que o "prompt engineering" é unha arte que melloramos coa práctica e que podes botar man desta estratexia para aforrar tempo no deseño de contido, centrándote exclusivamente no obxectivo da tarefa. Apetéceche probar?
Pois somerxámonos de cheo no mundo dos "chatbots": ChatGPT ao rescate!