Explorando H5P
Requisitos do completado
4. Videotitoriais de emprego
Aquí recomendamos dúas listas de reprodución que podes ter de man para o deseño en H5P:
- A playlist de Susana Aldao Linares (Directora da EOI da Coruña) permíteche acceder a cada vídeo premendo na icona correspondente.
- Na canle de YouTube de Tamara Expósito (Asesora no Cefire, Valencia), alén de explorar actividades, seredes quen de experimentar outras funcionalidades de H5P, como por exemplo: copiar e pegar arquivos no banco de contido de Moodle.
Abonda de teoría, non si? Pasamos aos exemplos prácticos? Imos botar un ollo a páxinas que nos proporcionan recursos xa deseñados. Para aforrar tempo cando andamos a mil!