Explorando H5P
Requisitos do completado
3. Que é H5P?
H5P é unha ferramenta que permite crear e partillar actividades dinámicas, vídeos interactivos, contido enriquecido… e moito máis!
Entre as vantaxes de H5P podemos destacar que:

- Axuda á aumentar a motivación do alumnado.
- Permite crear contido, actividades, imaxes e vídeos interactivos, onde o alumnado é o protagonista da aprendizaxe.
- Axuda á retroalimentación con comentarios ou explicacións que se poden insertar nas actividades.
- Permite a reutilización entre diferentes espacios virtuais, xa que as actividades se poden descargar ou insertar con facilidad.
Premendo na imaxe podemos acceder á páxina web didactilang.com onde se explica, con detalle, que ven sendo H5P, para que serve e... sobre todo, responde á pregunta: Todo isto é gratis?
Se aínda che quedaron dúbidas, acouga! Hai máis! Podes profundizar nas diferentes funcionalidades a través das seguintes ligazóns:
De todos os xeitos, unha imaxe vale máis ca mil palabras. Se o teu son os vídeotitoriais, accede á páxina seguinte!
