1. A propiedade intelectual

1.3. Situacións salientables na docencia

A continuación amósanse algunhas situacións relacionadas cos dereitos de autor que son habituais no ámbito educativo:

  1. Dereito de paternidade. Cando se distribúen materiais alleos (por exemplo, un fragmento dunha obra) entre o alumnado, sempre hai que identificar a procedencia e a autoría.
  2. Dereito á integridade. Extraendo un fragmento descontextualizado dunha obra, é posible comprender un punto de vista contrario ao que pretende o autor. Ademais, cando se toma unha obra, elimínanse algunhas partes ou altérase o contido doutras. Neste caso convén respectar o contido orixinal e reproducir fielmente o contexto no que se presenta ese fragmento.
  3. Dereito de divulgación. O autor é o único que pode decidir se a súa vai a ser difundida e como. Polo tanto, podería producirse un conflito se a documentación dun proxecto, programación, experiencia de innovación, etc. se distribúe sen o permiso dos compañeiros dun grupo de traballo.
  4. Dereito de reprodución. É práctica habitual fotocopiar ou dixitalizar páxinas de libros, artigos de revistas, fotografías, etc. Porén, é unha práctica ilegal cando se reproducen libros de texto ou manuais universitarios.
  5. Dereito de distribución. Hai que ter especial coidado cos materiais que repartimos ao alumnado en discos e lapis de memoria. Tamén coa publicación en Internet destes recursos para a súa descarga.
  6. Dereito de transformación. Pode implicar a tradución, adaptación, dixitalización, etc. dun traballo orixinal para que resulte nun traballo diferente pero máis adaptado ao alumnado que nos ocupa.

Algunhas destas prácticas poden ser controvertidas e, polo tanto, discutibles desde o punto de vista dos dereitos de autor. En todo caso é importante...:
  • Distinguir as diferentes implicacións que existen entre utilizar un recurso para ensinar na aula e publicar ese recurso na Internet pública
  • Recoñecer que está permitido o préstamo persoal de materiais adquiridos (libros de lectura, revistas, etc.) entre profesores e/ou estudantes.
  • Saber que non é legal fotocopiar libros de texto ou manuais universitarios, nin tan sequera para o seu uso nas actividades da aula.