1. Contidos
1. A propiedade intelectual
1.7. Licenciar unha obra
Á hora de licenciar debemos elixir un dos tipos de licencia CC vistos. É importante que indiquemos ou estea claro, sempre dalgún xeito os seguintes parámetros mínimos:
- título da creación
- autor
- tipo de licencia e ligazón de acceso
Tamén sería bo ligar á ÚRL do autor e á URL da creación se for posible.
Nas seguintes ligazóns dispoñemos dos resumos dos distintos tipos de licenzas CC na versión 4.0 en galego ademais tamén da licencia de dominio público:
- https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/deed.gl (CC-BY)
- https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/deed.gl (CC-BY-SA)
- https://creativecommons.org/licenses/by-nd/4.0/deed.gl (CC-BY-ND)
- https://creativecommons.org/licenses/by-nc/4.0/deed.gl (CC-BY-NC)
- https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/deed.gl (CC-BY-NC-SA)
- https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl (CC-BY-NC-ND)
- https://creativecommons.org/publicdomain/zero/1.0/deed.gl (CC0)
Dispoñemos dun asistente para poder xerar un tipo de licenciamento acorde ás nosas necesidades: https://creativecommons.org/share-your-work/
É evidente que vai a depender do soporte o modo de definir o licenciamento: páxina web, documento fóra de liña, vídeo, presentación, imaxe, ... Co anterior asistente poderemos crear unha licencia axeitada.
A continuación podemos ver algúns exemplos:
| Licencia nun documento de texto |
Este documento está licenciado baixo Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional. Para ver unha copia da licencia, visite http://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/. |
| Licencia nun documento de texto |
Lóxica difusa © 2021 by Julio Mosquera González está licenciada baixo CC BY 4.0. Para ver unha copia desta licencia visite http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ |
| Licencia nunha páxina web ou blogue |
Lóxica difusa by Julio Mosquera González está licenciada baixo CC BY 4.0 |
| Licencia nunha presentación ou nun vídeo |
|
Ao subir a nosa creación a algún repositorio da Internet (wikimedia, youtube, vimeo, slideshare, ...) poderemos elixir tamén o tipo de licenciamento outorgado. Nas imaxes NON se aconsella crear marcas de auga ou similares que impidan facer un axeitado emprega das devanditas.
Para os vídeos e arquivos de son tamén podemos editar os seus metadatos.
Webs de axuda:
- Wiki Creative Commons: Marcando a túa obra cunha licencia
