1. Contidos
Requisitos do completado
Ver
1. A propiedade intelectual
1.8. Atribuír unha obra
Os recursos cuxo licenciamento sexan de dominio público NON é preciso atribuílos (recoñecer a súa autoría). Tamén existen outras licenzas como as de pixabay ou pexels que admiten o emprego dos seus recursos sen necesidade de atribución.
No caso de Creative Commons é sempre preciso establecer o recoñecemento da súa autoría, indicar a orixe e autor da obra e ligar coa licenza (anterior e nova) en concreto. Na versión 4.0 de CC non é obrigado incluír o título pero si recomendable.
Exemplos de atribucións
![]() |
Dead Vlei Tree central.jpg by Daniel Kraft licenciado baixo CC BY-SA 3.0 |
![]() |
Esta obra,, "Natureza morta", é unha obra derivada de "Dead Vlei Tree central.jpg by Daniel Kraft, utilizada baixo CC BY-SA 3.0. "Natureza morta" by Julio Mosquera González está licenciada baixo CC BY-SA 4.0 |
Webs de axuda:
- Wiki Creative Commons: Mellores prácticas para atribución
- Compatibilidade de licenzas

