2. A protección de datos na docencia

2.3. Erros de vulto vencellados coa protección de datos

No exercicio da nosa actividade docente, se aplicamos unhas pautas de responsabilidade básicas, asociadas moitas delas ao sentido común, non deberiamos atoparmos con problemas asociados á protección de datos. Tamén en caso de termos un equivoco, ou mesmo unha mala praxe na maioría dos casos só se esixe a retirada da publicación que fagamos (se publicamos na rede algo que non deberíamos).

Expóñense aquí algunhas reflexións asociadas ao cumprimento da normativa:

  • Deber de segredo ou confidencialidade. No centro educativo debemos dispoñer e debatir cos distintos equipos docentes, con toda a información da que dispoñamos polo ben educativo do noso alumnado. Pero non debemos sacar do círculo profesional información relativa ao comportamento docente dos nosos alumnos e alumnas, e moito menos no caso de datos sensibles.
  • Non publicar imaxes, vídeos, diccións de alumnos/as, nas redes, en cartelería, en publicacións escolares, ... sen contar cunha autorización/consentemento expreso. No caso de que haxa certos alumnos ou alumnas (ou titores) que non prestasen consentimento deberanse aplicar as políticas adecuadas para que non se sintan discriminados nas diversas captacións de imaxes, participación, ...
  • Non comunicar datos de carácter persoal dun alumno/a a outros alumnos/as. Isto coñécese como cesión a terceiros e tamén debemos contar co expreso consentimento das persoas interesadas.
  • As captacións que fagamos e logo publiquemos deben amosar o contexto da actuación, tratando de NON darlle protagonismo a un alumno/menor en particular.
  • Os titores (nais, pais, ...) poden gravar as diversas actuacións que se levan a cabo no colexio (entroido, fin de curso, nadal, ...), pero non poden divulgalas fóra do seu ámbito doméstico a non ser que teñan o permiso expreso de cada unha das persoas que sae na captación (Ver máis)
  • Ao enviar o mesmo email a varios destinatarios empregar o campo BCC para que os destinatarios NON vexan os emails dos demais.
  • Non debemos deixar o noso ordenador sen bloquear estando nós ausentes.
  • Debemos empregar, sempre que sexa posible, ferramentas corporativas para efectuar a nosa labor docente, tratando de fuxir de aplicacións de interación alleas (whatsapp, telegram, edmodo, ...)
  • Hai certos aspectos que permiten "vulnerar a lei" cando exista unha lei de rango superior que dictamine que certa acción non sexa sancionable. No caso da docencia as normativas asociadas á patria potestade teñen un rango superior. Por exemplo: un alumno ou alumna de 16 anos non pode negarse a que lle deamos as súas cualificacións aos seus pais.

Atribucións das imaxes e documentos empregados:
Extraídas do portal de GuadalInfo, baixo licencia CC BY