2. A protección de datos na docencia

2.1. Xeneralidades da lei

Como exemplos de datos de carácter persoal temos:

  • O nome e apelidos dun alumno/a ou dos titores
  • O domicilio do alumno/a ou dos titores
  • O correo electrónico do alumno/a ou dos titores
  • O dni do alumno/a ou dos titores
  • O número/s de teléfono do alumno/a ou dos titores
  • A matrícula do coche/moto dun alumno/a ou dos titores
  • Unha fotografía dun alumno/a
  • Un vídeo no que sae un alumno/a
  • Un arquivo de son cuxa dicción é a dun alumno/a

Por outra banda, ao falar de datos persoais debemos ter presente que non toda a información persoal vai a ter o mesmo nivel de protección, pois non toda a información é igual de relevante (polo prexuizo que a súa mala utilización poida chegar a causar). Debido a isto, a normativa de protección de datos, tanto nacional como comunitaria, distingue diferentes categorías de datos persoais e fai referencia ás “categorías especiais de datos”, tamén coñecidos como “datos especialmente protexidos” ou “datos sensibles” (arts. 9 RGPD e 9 LOPDGDD).

Os datos especialmente protexidos son:

  • os referentes a ideologías persoais ou políticas
  • os referentes á relixión ou creenzas
  • os referentes á afiliación sindical
  • os referentes á orixe racial ou étnica
  • os referentes á saúde (datos médicos, antecedentes, ...)
  • os referentes á vida sexual

A lei contempla que para tratar estes datos de carácter persoal debemos obter o consentimento expreso por parte da persoa afectada, indicando a finalidade e causa que o xustifiquen. Como xa expuxéramos no apartado anterior, no día a día do exercicio docente manipulamos moitos datos de carácter persoal coa finalidade última de impartir docencia de forma axeitada.

As usuarias e usuarios que efectúen o seu consentimento, en calquera momento poden efectuar as seguintes accións asociadas cos seus datos persoais cedidos:

  • dereito de acceso
  • dereito de rectificación, supresión ou oposición
  • limitación no tratamento
  • portabilidade
  • impugnación de valores
  • indemnización

Delegado de Protección de Datos (DPO)

A lei tamén marca que debe existir un delegado de protección de datos (DPO en inglés, Data Protection Officer) en cada centro educativo. É a persoa encargada de informar e asesorar ao noso centro educativo sobre as nosas obrigas legais en materia de protección de datos. Tamén se encarga de cooperar cos organismos de control (AEPD) actuando como punto de contacto. Este delegado pode ser persoal externo ao centro sendo recomendable que teña coñecementos amplos sobre a Normativa de protección de datos.

No caso dos centros educativos públicos o DPO asignado é o secretario xeral técnico da Consellería. Podemos consultar máis información na seguinte ligazón.

Os menores na lei

Ademais de existir varias leis que protexen especificamente a figura do menor, cabe destacar que a última revisión da normativa estatal de protección de datos fai referencia explícita á protección de datos dos menores, polo que se entende que é un colectivo especialmente vulnerable neste eido.

Como exemplos podemos nomear:

Atribucións das imaxes empregadas:
Extraídas do portal do Intef do proxecto aseguratic baixo licencia CC BY 3.0