V2501032 Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación
Section outline
-
-
Data inicio: sábado, 18 de abril de 2026, 12:00 AMData límite: xoves, 14 de maio de 2026, 12:00 AM
Actividade práctica
O obxectivo desta actividade é deseñar un apoio de comunicación de baixa tecnoloxía
que sexa funcional, realista e aplicable a un contexto educativo ou cotián concreto.
Cada persoa deberá escoller unha das seguintes opcións:
• Taboleiro de comunicación pensado para un contexto específico (aula,
recreo, comedor, baño, transporte, etc.).
ou
• Chaveiro comunicativo deseñado para acompañar á persoa ao longo do día
en diferentes situacións.
O deseño debe estar orientado a favorecer a comunicación real e non limitarse
unicamente á expresión de peticións.
Requisitos do apoio
O material elaborado deberá incluír:
Palabras esenciais
Palabras de uso frecuente que poden empregarse en múltiples situacións e que
permiten combinar mensaxes. Son a base da comunicación funcional.
Exemplos: máis, non, quero, axuda, parar, ir, facer.
Palabras periféricas
Palabras específicas do contexto elixido, relacionadas coas actividades, obxectos ou
persoas dese entorno.
Exemplos: columpio, xabón, sopa, pintura, autobús.
Funcións comunicativas variadas
O apoio debe permitir diferentes intencións comunicativas. Non debe limitarse a pedir,
senón que debe posibilitar tamén, por exemplo:
• Rexeitar
• Comentar
• Expresar unha necesidade
• Opinar
Peche da actividade
Ao finalizar, cada persoa realizará unha breve explicación na que indicará:
• Para quen está pensado o apoio.
• En que situacións concretas se podería empregar.
• Que tipo de mensaxes permite construír.
O propósito final é reflexionar sobre como un apoio de baixa tecnoloxía pode ampliar
as oportunidades reais de comunicación dunha persoa no seu día a día.
-
