Actividade 2. Deseño de mínimos exixibles
Unha vez asignados todos os CA's a unidades didácticas, abride o apartado 4.a "Editar A e OE" da programación e deseñar actividades para cada UD.
As actividades poden ser prácticas, traballos, actividades de avaliación ou calquera outra na que interveña o profesorado, o alumnado e se pretendan conseguir resultados utilizando unha serie de recursos. Acordarse que para cada unha destas actividades haberá que asignar un ou varios CA's.
Abrir o apartado 4.b "Relacionar currículo da UD con A". Para cada UD asignar os CA's correspondentes a cada actividade deseñada no apartado 4.a.
Neste proceso, deberedes axustar os CA's ás actividades deseñadas. Pódese asignar varios CA's a unha mesma actividade ou un CA a varias actividades. Neste último caso se terá que voltar ao apartado 3.b da programación e crear novos SubCa xa que para a avaliación das actividades se debe contar un CA ou SubCa completo.
A cada CA ou SubCa haberá que asignarlle un instrumento de avaliación (lista de cotexo, Táboa observación, proba escrita ou outros (indicar en observación do apartado 3.b cál)). Sé o consideramos mínimo exixible e o peso orientativo.
Para elo podedes consultar a presentación da actividade 1 e o manual de elaboración de programacións que se adxunta