Section outline

    • Escoller un módulo dos que ides impartir este curso e, entrando na aplicación de programacións "edu.xunta.es/programacions", abrir unha nova programación. Podedes abrila partindo dunha programación creada anteriormente, xa que alomenos debe ter deseñadas as unidades didácticas.

      Entrar no apartado 3.b "Relacionar RA, CA, BC e contidos coas unidades didácticas" e asignar cada CA a unha ou varias unidades didácticas. No caso de asignar un CA a mais dunha UD, crear SubCa para cadansúa UD.

      Revisar que para cada CA e SubCA existe un contido asociado, de non habelo, crear subcontidos para asocialos.

      Podedes consultar a presentación do curso que adxunto e o manual de elaboración de programacións

    • Utiliza un capturador de pantalla e envía o resultado do apatado 3.b da túa programación.

      Podes utilizar o programa FastStone que adxunto ou descargao da páxina http://www.faststone.org/FSCapturerDownload.htm.

    • Unha vez asignados todos os CA's a unidades didácticas, abride o apartado 4.a "Editar A e OE" da programación e deseñar actividades para cada UD.

      As actividades poden ser prácticas, traballos, actividades de avaliación ou calquera outra na que interveña o profesorado, o alumnado e se pretendan conseguir resultados utilizando unha serie de recursos. Acordarse que para cada unha destas actividades haberá que asignar un ou varios CA's.

      Abrir o apartado 4.b "Relacionar currículo da UD con A". Para cada UD asignar os CA's correspondentes a cada actividade deseñada no apartado 4.a.

      Neste proceso, deberedes axustar os CA's ás actividades deseñadas. Pódese asignar varios CA's a unha mesma actividade ou un CA a varias actividades. Neste último caso se terá que voltar ao apartado 3.b da programación e crear novos SubCa xa que para a avaliación das actividades se debe contar un CA ou SubCa completo.

      A cada CA ou SubCa haberá que asignarlle un instrumento de avaliación (lista de cotexo, Táboa observación, proba escrita ou outros (indicar en observación do apartado 3.b cál)). Sé o consideramos mínimo exixible e o peso orientativo.

      Para elo podedes consultar a presentación da actividade 1 e o manual de elaboración de programacións que se adxunta

    • Igual que a anterior. Copia as pantallas dos apartados 4.b e 4.c e adxuntalas a continuación