Section outline
-
-
Achego a programación que fixen para este curso coas novidades de avaliación que comentara no curso por se vos é de utilidade.
Un saúdo.
Alberto
-
-
Escoller un módulo dos que ides impartir este curso e, entrando na aplicación de programacións "edu.xunta.es/programacions", abrir unha nova programación. Podedes abrila partindo dunha programación creada anteriormente, xa que alomenos debe ter deseñadas as unidades didácticas.
Entrar no apartado 3.b "Relacionar RA, CA, BC e contidos coas unidades didácticas" e asignar cada CA a unha ou varias unidades didácticas. No caso de asignar un CA a mais dunha UD, crear SubCa para cadansúa UD.
Revisar que para cada CA e SubCA existe un contido asociado, de non habelo, crear subcontidos para asocialos.
Podedes consultar a presentación do curso que adxunto e o manual de elaboración de programacións
-
Utiliza un capturador de pantalla e envía o resultado do apatado 3.b da túa programación.
Podes utilizar o programa FastStone que adxunto ou descargao da páxina http://www.faststone.org/FSCapturerDownload.htm.
-
Unha vez asignados todos os CA's a unidades didácticas, abride o apartado 4.a "Editar A e OE" da programación e deseñar actividades para cada UD.
As actividades poden ser prácticas, traballos, actividades de avaliación ou calquera outra na que interveña o profesorado, o alumnado e se pretendan conseguir resultados utilizando unha serie de recursos. Acordarse que para cada unha destas actividades haberá que asignar un ou varios CA's.
Abrir o apartado 4.b "Relacionar currículo da UD con A". Para cada UD asignar os CA's correspondentes a cada actividade deseñada no apartado 4.a.
Neste proceso, deberedes axustar os CA's ás actividades deseñadas. Pódese asignar varios CA's a unha mesma actividade ou un CA a varias actividades. Neste último caso se terá que voltar ao apartado 3.b da programación e crear novos SubCa xa que para a avaliación das actividades se debe contar un CA ou SubCa completo.
A cada CA ou SubCa haberá que asignarlle un instrumento de avaliación (lista de cotexo, Táboa observación, proba escrita ou outros (indicar en observación do apartado 3.b cál)). Sé o consideramos mínimo exixible e o peso orientativo.
Para elo podedes consultar a presentación da actividade 1 e o manual de elaboración de programacións que se adxunta
-
Igual que a anterior. Copia as pantallas dos apartados 4.b e 4.c e adxuntalas a continuación
-
-
Neste foro podedes facer suxestións, achegas ou plantexar as dúbidas que teñades relacionadas có tema de Rúbricas
-
Deseña unha rúbrica para cada RA do teu módulo. Indica os conceptos ou rubros, a escala de valoración e os criterios ou descriptores. Podes utilizar de exemplo a diapositiva 18 da presentación. Trátase de determinar o nivel mínimo que debe acadar o alumnado para avaliar positivamente cada un dos resultados de aprendizaxe. Presenta copia desas rúbricas enviando os arquivos correspondentes.
Adxunto información sobre elaboración de rúbricas
-
Unha vez realizada a actividade 3. Sabemos cál será o nivel mínimo para acadar cada un dos resultados de aprendizaxe do módulo.
Con esta actividade podemos determinar dentro dese nivel cales son os CA's mínimos para acadar ese nivel. Eses serán polo tanto os CA definidos como mínimos exixibles.
Realizar unha rúbrica para os RA's de alomenos unha unidade didáctica.
Podedes consultar as diapositivas 88 e 89 da presentación.
-
Copiar e enviar as rúbricas realizadas
-
-
-
Podedes realizar aquí comentarios, achegas e dúbidas deste tema
-
Axustar definitivamente os instrumentos de avaliación ás actividades da programación require que se cubra o apartado 4.d "editar tarefas".
Aquí se determinan as actividades de profesorado, alumnado, resultados a acadar e recursos.
Se queremos que cada actividade teña asociados os CA's correspondentes deberemos clicar na pestana da actividade no apartado de "criterios de avaliación" e verificar que os CA's marcados se corresponden efectivamente coa actividade. En caso contrario voltariamos ao apartado 4.b e o modificariamos.
Como é mais que probable que teñamos que empregar táboas de observación/ listas de cotexo. Nesta actividade deberedes realizar unha táboa cós items que consideredes para avaliar o instrumento.
Indicar sobre qué se aplica (práctica, traballo, memoria, debate,etc...). A qué Unidade didáctica corresponde e a qué actividade e qué CA's van cubrir.
A modo de exemplo, achego un modelo
-
Realizar en word ou pdf unha táboa de observación ou lista de cotexo correspondente a un instrumento de avaliación dunha actividade da vosa programación e achegarla. Indicar o instrumento sobre o que se aplica e a escala de valoración.
-
Como case sempre temos problemas para avaliar actitudes, imos deseñar un rexistro anecdótico do tipo "cuantitativo". Podemos aplicalo para cada unha das avaliacións ou para cada unidade didáctica.
Para elo pode servirvos as diapositivas 96 e 97 da presentación de "avaliación" da actividade 1 e o arquivo que adxunto
-
Enviar en formato word ou pdf o rexistro anecdótico deseñado indicando cómo se vai aplicar e o criterio de cualificación adoptado.
-