Section outline
-
-
Podedes realizar aquí comentarios, achegas e dúbidas deste tema
-
Axustar definitivamente os instrumentos de avaliación ás actividades da programación require que se cubra o apartado 4.d "editar tarefas".
Aquí se determinan as actividades de profesorado, alumnado, resultados a acadar e recursos.
Se queremos que cada actividade teña asociados os CA's correspondentes deberemos clicar na pestana da actividade no apartado de "criterios de avaliación" e verificar que os CA's marcados se corresponden efectivamente coa actividade. En caso contrario voltariamos ao apartado 4.b e o modificariamos.
Como é mais que probable que teñamos que empregar táboas de observación/ listas de cotexo. Nesta actividade deberedes realizar unha táboa cós items que consideredes para avaliar o instrumento.
Indicar sobre qué se aplica (práctica, traballo, memoria, debate,etc...). A qué Unidade didáctica corresponde e a qué actividade e qué CA's van cubrir.
A modo de exemplo, achego un modelo
-
Realizar en word ou pdf unha táboa de observación ou lista de cotexo correspondente a un instrumento de avaliación dunha actividade da vosa programación e achegarla. Indicar o instrumento sobre o que se aplica e a escala de valoración.
-
Como case sempre temos problemas para avaliar actitudes, imos deseñar un rexistro anecdótico do tipo "cuantitativo". Podemos aplicalo para cada unha das avaliacións ou para cada unidade didáctica.
Para elo pode servirvos as diapositivas 96 e 97 da presentación de "avaliación" da actividade 1 e o arquivo que adxunto
-
Enviar en formato word ou pdf o rexistro anecdótico deseñado indicando cómo se vai aplicar e o criterio de cualificación adoptado.
-