Actividade 1. Deseño de criterios de avaliación
Requisitos do completado
Escoller un módulo dos que ides impartir este curso e, entrando na aplicación de programacións "edu.xunta.es/programacions", abrir unha nova programación. Podedes abrila partindo dunha programación creada anteriormente, xa que alomenos debe ter deseñadas as unidades didácticas.
Entrar no apartado 3.b "Relacionar RA, CA, BC e contidos coas unidades didácticas" e asignar cada CA a unha ou varias unidades didácticas. No caso de asignar un CA a mais dunha UD, crear SubCa para cadansúa UD.
Revisar que para cada CA e SubCA existe un contido asociado, de non habelo, crear subcontidos para asocialos.
Podedes consultar a presentación do curso que adxunto e o manual de elaboración de programacións
Prema na ligazón avaliación.pdf para ver o ficheiro.