SIMBOLOXÍA DO MAPA DE ORIENTACIÓN
Requisitos do completado
NOTA IMPORTANTE: en orientación podemos falar de dous tipos de simboloxía, por unha banda a simboloxía dos mapas e por outra, os signos que aparecen no cadro de descrición.
A simboloxía do mapa abarca os símbolos, colores, raiados, etc... co que o cartógrafo trata de representar o espazo e os seus elementos no mapa. No seguinte listado podedes apreciar estes símbolos que aparecen moitos deles en color e ó seu carón o significado, é dicir, o que representan.
A simboloxía dos cadros de descrición abarca os símbolos que nos indican os obxectos de referencia do control, características deste e tamén as características da súa ubicación. Estes signos aparecen nos cadros de descricion soamente, e sempre están en branco e negro. Nestes cadros ademais desta simboloxía tamén figuran os códigos dos controis e o número de orde se se trata da modalidade clásica. No seguinte cadro estes signos aparecen na primeira das filas. Poderedes apreciar que solo aparecen os signos que representan os elementos, o resto: caracteristicas, ubicación, etc, aparecen nos demais documentos deste curso.
Parece complicado, pero quizais é pola redacción algo líosa.
Calquera dúbida podedes consultar cos docentes durante o cursiño.

Última modificación: xoves, 21 de xullo de 2016, 1:11 PM