Tarefa 1: Comenta a túa experiencia

Número de respostas: 10

Fai:

  • Consulta os materiais dispoñíbeis A avaliación e o rol docente.
  • Consulta os materiais extras se consideras preciso.
  • Le a pregunta proposta polo docente e reflexiona sobre a mesma.
  • Revisa os comentarios dos compañeiros que xa participaran e así terás modelos para a túa resposta.
  • Responde á seguinte cuestión proposta cun máximo (aprox.) de 200 palabras:
Como realizas a retroalimentación e máis a avaliación formativa nas túas clases? Que dificultades soes encontrar para levalas adiante?
 

Avaliación:

Para a superación desta actividade deberás realizar cando menos unha entrada que responda á pregunta e que mostre a lectura e reflexión sobre os materiais propostos.

Data de entrega:

Terás até o 3 de marzo (23h55) para realizar esta actividade.

Cualificación:

Esta actividade suporá un 5% do total da cualificación do curso.
Criterios de cualificación do foro
Obterás a máxima cualificación sempre que fagas un comentario no foro dentro do prazo previsto. As intervencións deben ser claras e precisas, axustadas ao máximo de palabras establecido e que demostren a lectura dos contidos (5%)

169 palabras

En resposta a Primeiro comentario

Re: Tarefa 1: Comenta a túa experiencia

por Mar Villaverde -

1. Prantexo unha tarefa de producción escrita en francés ( nivel B2): Escribe unha carta formal ao alcalde de Pontevedra para que amplíe o parque ata a entrada do noso instituto.

2. Corrixo individualmente os textos ( FT, FP e FA), califico( FA) e entrego ao día seguinte ( importante  este aspecto!).

3. Fago un informe exhaustivo sobre o tipo de erros cometidos máis habituais e comúns a toda a clase e adico unha sesión a traballalos na aula. Nesta sesión analizaremos colectivamente as razóns de aprendizaxe que nos levan a cometer eses erros ( FM).

4. Cada alumno debe refacer a súa producción tendo en conta a corrección individual ( FT, FP) máis as prantexadas de xeito colectivo ( FM) e volvo calificar ( FA e avaliación formativa).

5.  On recommence....

132 palabras

En resposta a Primeiro comentario

Re: Tarefa 1: Comenta a túa experiencia

por Miguel Lamelas Pla -

Preséntanse tarefas para realizar na aula, este ano case todo individual, outras veces en grupos cooperativos ou colaborativos.

Revisión de tarefas. Devólvense corrixidas e comentadas o máis axiña posible. O feedback é individual pero non sempre individualizado. Si que hai erros que se repiten e teñen o mesmo comentario. Dáse tamén unha cualificación numérica.

Intento que o feedback sexa o máis útil e completo. Sobre o obxectivo da tarefa, sobre o proceso, para mellorar a tarefa concreta e a aprendizaxe, e sobre as habilidades, actitudes, esforzo... para motivar.

Non hai segunda entrega das tarefas, salvo en ocasións puntuais. As correccións ou comentarios fanse de cara a mellorar nas seguintes tarefas. Sería máis adecuado unha segunda entrega de cada tarefa, pero é complicado revisar e comentar con entregas practicamente a diario. Igual hai que organizarse mellor.

Creo que o alumnado focaliza demasiado a atención na cualificación e moi pouco nos comentarios, e tarda moito en incorporalos aínda que se insista oralmente na clase. Parece un problema de falta de hábito con este tipo de avaliación máis formativa que sumativa.


178 palabras

En resposta a Primeiro comentario

Re: Tarefa 1: Comenta a túa experiencia

por Carmen Losada -

- Revisión de cadernos cada trimestre, cunha rúbrica que poño a disposición do alumnado.

- Traballo de laboratorio. Este curso son traballos de investigación e/ou experimentos caseiros, nos que ou toman datos e fan táboas e gráficos, ou graban un video e explican, de forma científica o experimento. Correccións na aula virtual de forma individual.

- Tarefas na clase e na casa. Sempre que o intenten, son positivas, non é necesario que estén correctas.

- Exames de teoría e práctica. Dous por trimestre, que recollen os contidos de cada unidade. Son correxidos na clase. De momento só fixen exames presenciais.

As dificultades coas que me atopo son, que tanto traballos como experimentos, son copiados de uns aos outros o que leva a que a cualificación non poida ser moi relevante.



130 palabras

En resposta a Primeiro comentario

Re: Tarefa 1: Comenta a túa experiencia

por Sandra Piñeiro Rodríguez -

Na miña aula, para certas tarefas, adoito darlle recursos ao alumnado para realizar un primeiro feedback (tarxetas de revisión para corrixir textos, rúbricas, calculadora para revisar resultados...). Ao mesmo tempo, superviso esta revisión axudando ao alumnado con máis dificultades a chegar ao resultado correcto.

Tamén emprego a aprendizaxe cooperativa que permite a retroalimentación entre pares aínda que neste curso non demasiado.

A maior dificultade ca que me encontro e a falta de tempo para realizar un feedback personalizado para todos e a amplitude do currículo que non permite profundizar e polo tanto levar a cabo unha boa retroalimentación.

98 palabras

En resposta a Primeiro comentario

Re: Tarefa 1: Comenta a túa experiencia

por Ana Álvarez Portela -

A metodoloxía empregada consiste en breves explicacións teóricas para dar paso á realización de tarefas prácticas que empezo explicando coa axuda dun encerado dixital e eles van comigo á par.

Posteriormente, eles realizan tarefas similares ampliando progresivamente os contidos e o grao de dificultade.

A retroalimentación é constante, a maioría das veces eles queren intentar realizar as tarefas solos, chamándome cando non son capaces de desenvolver algunha cuestión, outras axúdanse entre eles e nalgunha ocasión, pídenme que a vaia explicando a facémola todos xuntos. Entendo que neste caso lévase a cabo un Feedback sobre o proceso (FP) así como sobre os procesos metacognitivos (FM), xa que se aproveitan as explicacións individuais para repasar o proceso a seguir así como para dar estratexias para a memorización e realización das tarefas.

Realizamos unha media de 50 tarefas por avaliación, todas son corrixidas na aula e posteriormente súbenas á aula virtual. (Autoavaliación) Imposible corrixir individualmente!

Ao final de cada avaliación realízase unha proba práctica con diversas tarefas das realizadas previamente.


167 palabras

En resposta a Primeiro comentario

Re: Tarefa 1: Comenta a túa experiencia

por Patricia Carracedo Durán -

Como realizas a retroalimentación e máis a avaliación formativa nas túas clases? Que dificultades soes encontrar para levalas adiante?

Despois das explicacións teóricas, realizamos tarefas sobre os contidos traballados, en gran grupo con un feedback inmediato. Intento que participe todo o alumnado. Tamén realizamos traballos de investigación relacionados cos contidos que se estén a impartir nese momento. Habitualmente en cada trimestre facemos como mínimo un traballo de investigación, aínda que a veces poden ser máis.

Tamén se realizan actividades/tarefas máis prácticas para afianzar o aprendido e a veces realizamos xogos e actividades máis lúdicas (tipo Kahoot!)

As principais dificultades son a falta de tempo, sempre vamos xustos de tempo cos currículums e isto impide poder profundizar e afianzar ben os coñecementos.

121 palabras

En resposta a Primeiro comentario

Re: Tarefa 1: Comenta a túa experiencia

por Ana Franco Alonso -

-Primeiro realizo as explicacións teóricas necesarias para que os alumnos/as poidan realizar as prácticas ou deseñar e construir un proxecto técnico, no que poñan en práctica os coñecementos teóricos.

-A continuación realizan tarefas de cálculo, utilizan simuladores ou vídeos, traballos de investigación...que son correxidas de maneira inmediata, na medida do posible, na aula. Intento que o feedback sexa o máis útil posible.

-Cada trimestre realizan un proxecto técnico, deseño, construción e informe técnico. Os alumnos/as traballan en equipo, agás este curso, que o están a facer de maneira individual. Os proxectos realízanse na aula, contando ca miña axuda e a de todos os compañeiros. De tal xeito que os máis avanzados explican as dúbidas a aqueles alumnos/as que o necesiten o que permite a retroalimentación entre eles. Para a avaliación contan con rúbricas.

As dificultades que atopo son as relacionadas ca densidade dos contidos a tratar.



146 palabras

En resposta a Primeiro comentario

Re: Tarefa 1: Comenta a túa experiencia

por Irati Carrascal Miniño -

En xeral, en inglés realizamos a maioría das tarefas en clase, ben individualmente ou en grupo, e corríxense en gran grupo con feedback de tarefa inmediato, incluíndo tamén feedback de proceso ou metacognitivo cando aparecen dificultades.

Nas tarefas para casa (redaccións, maiormente), os alumnos teñen dispoñible a rúbrica de corrección na tarefa da que sairá o Feedback de tarefa.

Unha vez entregadas, reciben feedback individual sobre o seu traballo, que se podería clasificar en diferentes tipos segundo os erros que cometan:

FT – erros puntuais, principalmente confusións á hora de elixir a palabra adecuada.

FP – erros gramaticais e problemas na organización xeral do texto.

FM – problemas de coherencia  e organización de ideas.

Despois faise unha posta en común en clase cos problemas máis frecuentes, na que se incide no feedback de proceso e metacognitivo.

En canto a avaliación formativa, dicir que estas tarefas levan asociada unha nota que lles permite os alumnos ver o seu rendemento, pero o que se ten en conta de cara a avaliación sumativa é a súa realización ou non.

En canto as dificultades, coincido cos compañeiros en que moitas veces os alumnos so parecen estar interesados na nota e fan pouco caso ó resto do feedback.


200 palabras

En resposta a Primeiro comentario

Re: Tarefa 1: Comenta a túa experiencia

por Eduardo Gómez -

A retroalimentación fágoa do seguinte xeito:

a) Nas sesións presenciais: o alumnado realiza os diferentes tipos de tarefas coa miña supervisión (FP) e á finalización das mesmas realízase unha posta en común (FT).

b) No ensino semipresencial: uso a mensaxería de ambas plataformas e no caso das tarefas a entregar, as rúbricas e o feedback nos propios documentos en formato pdf.

c) No caso de ensino a distancia: aparte dos mesmas ferramenteas que no ensino semipresencial, o solucionario das actividades de cada unidade está aloxado na aula virtual/contorna E-dixgal en función do curso. Polo tanto, se falta algún alumno polo motivo que sexa contacto con el a través da mensaxería da plataforma para que poida realizar o traballado na clase, se autoavalíe e faga as cuestións que precise a través da propia mensaxería ou cando se reincorpore ao centro.

 

Con respecto á avaliación formativa:

a) A través de tarefas presenciais ou tarefas a través da aula virtual/contorna E-dixgal.

b) Cuestionarios previos ás probas escritas. Poden ser en formato papel nas sesións presencias ou de autoavaliación nas contornas dixitais.

 

Con respecto ás dificultades coincido cos compañeiros na enorme cantidade de contidos a tratar no currículo actual.


195 palabras

En resposta a Primeiro comentario

Re: Tarefa 1: Comenta a túa experiencia

por Verónica Tosar Calvo -

Durantes as sesións o feedback é constante, en primeiro lugar fago unha pequena introducción o tema a tratar, logo contiuo ca explicación teórica  e eu mesma resolvo mno encerado algún exércicio paso a paso sobre o tema. A continuación, é o momento de que o alumnado poña en práctica o aprendido, polo que entrego un boletín de exércicios e de maneira individual cada un resolve os mesmos no seu caderno, eu mentres tanto, vou obsertvando un a un como o están resolvendo e se teñen algunha dubida xa de maneira máis individual volvo explicarlle. Cando os exercicios están rematados poñemolos en común xa de maneira grupal, resolvendoós no encerado.

Tamén realizan entregas de traballos o que me permite coñecer en todo momento cales son as posibles dificultades, e o entregarllelas correxidas, el@s mesmos poden observar os erros cometidos e repasalos de novo.

Tamén realizamos actividades dinámicas que serven de autoavaliación como pode ser a plataforma Kahoot, ou mediante tarefas a entregar na aula virtual.

Vexo ue é moi importante para o proceso ensino-aprendizaxe, seguir este feedback e tentar animar e motivar o alumnado en todo o momento, ademáis de ser un apoio ante as dificultades que poidan xurdirlles.


198 palabras