En xeral, en
inglés realizamos a maioría das tarefas en clase, ben individualmente ou en
grupo, e corríxense en gran grupo con feedback de tarefa inmediato, incluíndo tamén
feedback de proceso ou metacognitivo cando aparecen dificultades.
Nas tarefas para
casa (redaccións, maiormente), os alumnos teñen dispoñible a rúbrica de corrección
na tarefa da que sairá o Feedback de tarefa.
Unha vez
entregadas, reciben feedback individual sobre o seu traballo, que se podería
clasificar en diferentes tipos segundo os erros que cometan:
FT – erros puntuais,
principalmente confusións á hora de elixir a palabra adecuada.
FP – erros gramaticais
e problemas na organización xeral do texto.
FM – problemas de
coherencia e organización de ideas.
Despois faise
unha posta en común en clase cos problemas máis frecuentes, na que se incide no
feedback de proceso e metacognitivo.
En canto a
avaliación formativa, dicir que estas tarefas levan asociada unha nota que lles
permite os alumnos ver o seu rendemento, pero o que se ten en conta de cara a
avaliación sumativa é a súa realización ou non.
En canto as
dificultades, coincido cos compañeiros en que moitas veces os alumnos so
parecen estar interesados na nota e fan pouco caso ó resto do feedback.