Tarefa 1: Comenta a túa experiencia
Requisitos do completado
Avaliación:
Ver
Crear publicacións no foro: 1
Fai:
- Consulta os materiais dispoñíbeis A avaliación e o rol docente.
- Consulta os materiais extras se consideras preciso.
- Le a pregunta proposta polo docente e reflexiona sobre a mesma.
- Revisa os comentarios dos compañeiros que xa participaran e así terás modelos para a túa resposta.
- Responde á seguinte cuestión proposta cun máximo (aprox.) de 200 palabras:
Como realizas a retroalimentación e máis a avaliación formativa nas túas clases? Que dificultades soes encontrar para levalas adiante?
Avaliación:
Para a superación desta actividade deberás realizar cando menos unha entrada que responda á pregunta e que mostre a lectura e reflexión sobre os materiais propostos.
Data de entrega:
Terás até o 3 de marzo (23h55) para realizar esta actividade.
Cualificación:
Esta actividade suporá un 5% do total da cualificación do curso.
Criterios de cualificación do foro
Obterás a máxima cualificación sempre que fagas un comentario no foro dentro do prazo previsto. As intervencións deben ser claras e precisas, axustadas ao máximo de palabras establecido e que demostren a lectura dos contidos (5%)