Foro de Presentación

Presentación de Diego Blanco

Presentación de Diego Blanco

por Diego Blanco Reboredo -
Número de respostas: 1

Ola, chámome Diego e traballo coma mestre de atención domiciliaria na EPA Pontevedra con alumnos tanto de Educación Primaria coma Secundaria. 

A miña experiencia cos recursos TIC é a de traballar por videoconferencia con Webex e Zoom, compartindo recursos e facendo "malabares" para enfocar o material tanxible e seguir coa miña explicación...

Ademáis, en relación a Moodle non traballei aínda pero sí subín contidos a aula virtual dun centro. Nunca fixen ningunha proba e a súa corrección nin tampouco elaborei unha copia de seguridade.

Por medio deste curso espero sacar os coñecementos necesarios para aplicar os recursos TIC a un aula de Educación Primaria, mellorando a calidade da educación e facela máis individualizada. 


En resposta a Diego Blanco Reboredo

Re: Presentación de Diego Blanco

por Saínza Martínez -
Ola Diego,
O dos "malabares" é unha boa descrición do que tivemos que afrontar :)
Intentaremos repasar o que nos comentas: corrección de tarefas, copias de seguridade, etc
Grazas pola túa mensaxe.
Un saúdo,
Saínza