Moi bo día a todas e todos:
Eu son Cayetano e son profe de música do Ceip de Seixo de Marín. No noso cole durante o confinamento non se traballou a través da aula virtual co que a principios deste curso tivemos que poñernos ao día cos cursos de iniciación e afondamento sobra a AV. Pola contra no noso cole si que se traballou coa pataforma WEBEX para facer todas as reuniós que a partir daquel 13 de marzo xa non puideron ser presenciais. Por motivos persoais este curso sobre AV no que nos atopamos agora non o puiden facer e por iso estou por aquí para poñerme ao día. Sei subir contidos ás aulas, crear tarefas e corrixilas, crear copias de seguridade, restaurar cursos e desenvolverme de xeito básico pola plataforma Cisco Webex.
Saúdos!