Foro de Presentación

Presentación

Presentación

por MARTA CÉSAR VELOSO -
Número de respostas: 1

Ola boa tarde son Marta César e son profesora de inglés na EOI de Pontevedra, debido ao confinamento do alumnado que tivo lugar no mes de febreiro, tiven que poñerme ao día con moodle tirando de titoriais e compañeiros, e logo do curso inicial de Moodle así que sei subir arquivos, etiquetas e enlaces, correxir probas, crealas, copias de seguridade e algo máis. 

Con respecto a webex, tamén tiven que utilizala así que sei cómo planear videoconferencias, compartir contidos crear grupos, etc. Foi unha aprendizaxe, digamos "forzosa" pero que para a ensinanza a distancia é sumamente útil, polo menos esa é a experiencia que teño, e sobre todo cómoda á hora de correxir as tarefas que o alumnado entrega na aula. Mais como aínda me queda moito camiño que recorrer aquí estamos de novo para sacarlle o máximo partido posible a este recurso.

Un saúdo a todos.

En resposta a MARTA CÉSAR VELOSO

Re: Presentación

por Saínza Martínez -

Ola Marta!

Alégrome de verte de novo.

Sei que non terás problema con este curso. So agardo que podas ampliar os teus coñecementos para que te resulte máis comodo o uso de Moodle.

Ánimo e un saúdo,

Saínza