Esta tarefa (e outras) debemos realizala nas nosas propias aulas virtuais?
Grazas.
Esta tarefa (e outras) debemos realizala nas nosas propias aulas virtuais?
Grazas.
Boas tardes Susana:
Utiliza, por favor, a túa propia aula virtual, a do teu instituto. Poñela en modo oculto para que non a vexan os teus alumnos e despois podes borralas.
Un saúdo,
Ola Emiliano.
Eu tiña a misma dúbida que Susana pero ademais é que na Aula Virtual só teño a clase de prácticas con dous alumnos ficticios que creamos no curso anterior. Todo o meu alumnado está no EVA, en E-dixgal. Ou traballo con eses dous alumnos ou hai que crear máis. Ou facelo no EVA. Non sei.
Que vos parece mellor?
Moitas grazas
Saúdos
Bos días:
Podedes utilizar alumnos virtuais sen problema. Para a tarefa proposta podes incluír a un só alumno nunha tarefa se está confinado.
Un mesmo alumno ou alumna pode pertencer a ún ou a varios grupos, non son excluíntes.
Un saúdo,
Ola
No meu instituto temos habilitadas aulas de prácticas e como di Miguel alumnado virtual.
Podemos facelo así? Se precisamos máis alumnado virtual é cuestión de matriculalo
Un saúdo
Bos días:
Podedes utilizar alumnos virtuais sen problema. Para a tarefa proposta podes incluír a un só alumno nunha tarefa se está confinado.
Un mesmo alumno ou alumna pode pertencer a ún ou a varios grupos, non son excluíntes.
Un saúdo,
Ola, eu acabei a sustitución e non teño acceso a aula virtual, como podo facer as tarefas?
Un saúdo.
Pilar
Ola Pilar, a aula virtual debería estar dispoñible para ti sen ningún problema, xa que as WEB DINÁMICAS son estruturas específicas de cada centro. Ou sexa, que o administrador da aula virtual de cada centro educativo é quen crea usuarios, asina cursos e se fai falla tamén da de baixa aos usuarios.
A verdade é que normalmente non se dan de baixa aos usuarios, e unha vez que xa tes acceso a un aula virtual, aínda que te vaias do centro poderías seguir accedendo.
Se ti queres podo poñerme en contacto eu co teu centro para pedirlles que che habiliten un aula virtual con algún alumno de probas para que fagas as probas, ou facelo doutro modo.
Podes poñerte en contacto comigo no meu correo: mabarros@edu.xunta.gal
Efectivamente xa lle abrimos o curso na A.V do Sánchez que terá dispoñible polo tempo que precise xunto cos permisos e 4 alumnos virtuais para prácticas
Moitas grazas Paco!