Foro de dúbidas do módulo 1

ALUMNADO PARTICIPANTE EN VARIOS GRUPOS

ALUMNADO PARTICIPANTE EN VARIOS GRUPOS

por Ana Álvarez Portela -
Número de respostas: 2

Ola:

Como podemos facer para que o alumnado que incluimos nun grupo (por exemplo: CONFINADOS) se manteña tamén no grupo xeral?

Ao incluir a un grupo de alumnos no grupo CONFINADOS desaparéceme do grupo xeral.

Grazas.

En resposta a Ana Álvarez Portela

Re: ALUMNADO PARTICIPANTE EN VARIOS GRUPOS

por Emiliano Fernandez Pérez-Gorostiaga -

Bos días:

Os alumnos poden pertencer a varios grupos ao mesmo tempo. Non deberían desaparecer doutro grupo.

Comproba en Usuarios -> Grupos -> Vista Xeral (terceira pestaña, a última da dereita) se desaparecen ou estan ao mesmo tempo en varios grupos.

Un saúdo,

En resposta a Emiliano Fernandez Pérez-Gorostiaga

Re: ALUMNADO PARTICIPANTE EN VARIOS GRUPOS

por Ana Álvarez Portela -

Ola de novo:

Sí, ahí xa mirara por iso sabía que os sacaba dun lado para outro.

O que fixen agora foi crear outro grupo e así sí que podo volver a poñer a todos.

Digamos que agora teño: un GRUPO CLASE (todos), un GRUPO CONFINADOS (uns cantos) e un terceiro que pon "sen grupo" que somos os que quedamos, é dicir, o inspector e máis eu. (Isto é o que me pon en Vista Xeral)


Moitas grazas e un saúdo!!