Foro de dúbidas do módulo 1

Comentarios ocultos para o alumando

Comentarios ocultos para o alumando

por Miguel Lamelas Pla -
Número de respostas: 3

Boas.

Quería preguntar se é posible que nun foro temático avaliable podemos configurar de xeito que cada un  dos participantes non poida ver máis que a súa achega, polo menos ata que eu os revise. Deste xeito cada un dos comentarios será máis orixinal e non se verá influído polo traballo dos outros.

Creo que isto podía facerse pero non encontro como.

Moitas grazas



En resposta a Miguel Lamelas Pla

Re: Comentarios ocultos para o alumando

por Ana Álvarez Portela -

Non sei se podemos responder o alumnado. Pero como acabo de facelo... Se non me equivoco é en Tipo de Foro. (Os foros de preguntas e respostas  requiren que o alumnado publique a súa resposta antes de poder ver as dos demáis). (Foro Q e A)

Se hai máis opcións, recórdanoslas Emiliano.


Moitas grazas!!

En resposta a Ana Álvarez Portela

Re: Comentarios ocultos para o alumando

por Emiliano Fernandez Pérez-Gorostiaga -
Correcto!

O Foro de Preguntas e Respuestas utilízase cando queres que respondan a unha pregunta en concreto. Plantexas unha pregunta e para que a poidan ver as dos demáis, por defecto, teñen primeiro que publicar a súa propia.

Outra opción, se queres ter un seguimento das publicacións lídas, é ir a Preferencias (no menú superior, onde o teu nome e foto) -> Preferencias do foro -> Seguimento do foro: Sí resaltar as novas mensaxes para mín. Apareceráche un texto dicindo que tés un número de publicacións non lídas.E se ves que unha publicación non cumple co regulamento establecido, podes modificala ou eliminala.

Un saúdo,