ESPAZO PARA A CONVERSA. ENTRA E COMENTA!

Sabemos realmente traballar a lingua oral????

Sabemos realmente traballar a lingua oral????

por Ana Belen Pardo Tome -
Número de respostas: 1
¡Hola ,compañeiros de curso !.Son Ana Belén e Gustaríame compartir con vos a miñas reflexións logo de analizar o texto de discusión proposto .A idea máis salientable que podo deducir e se realmente somos quen de ensinar e traballar como se merece a lingua oral desde as nosas aulas e me ven a cabeza ,logo da miña experiencia e pensando na miña formación ,,a dura realidade : Que quizais non temos ou dominamos as estratexias e a didáctica correcta que demandaría unha correcta ensinanza da lingua oral;Debido irremediablemente a unha falta absoluta de tradición oral nas nosas escolas ,a pesar das numerosas reformas educativas que non responden ,no caso das linguas , ao uso real da lingua na sociedade e na vida cotiá ;Onde a lingua oral se manifesta como o medio maioritario de expresión de ideas, sentimentos e coñecementos e de relación interpersonal entre os membros dunha sociedade .Esta é unha razón mais que suficiente para que a oralidade primase nas ensinanzas das linguas e se traballase a oralidade como base de estudio das mesmas.Somos moitos /as as profesionais que coma min buscamos traballar a oralidade como base do noso traballo pero atopamos moitas dubidas sobre si as nosas estratexias e didáctica son as axeitadas e sobre como mellorar para que esa ensinanza sexa o máis fructífera posible .Necesitamos un foco potente de luz que nos abra novos camiños e perseverar no traballo fronte o medo do que falaban algunhas compañeiras ,que é tan real no noso día a día.
En resposta a Ana Belen Pardo Tome

Re: Sabemos realmente traballar a lingua oral????

por veronica Paz Souto -
Estou dacordo, para ensinar hai que saber, por iso estamos neste curso porque nos interesa a formación neste ambito e cremos na súa importancia. Deixando as excusas curricilaresn a un lado, querer e poder,