ESPAZO PARA A CONVERSA. ENTRA E COMENTA!

O medo

O medo

por Libia Cibeira -
Número de respostas: 3
Ademais do que xa comentastes, a min sorpréndeme, por realista, a cita dunha profesora de secundaria chamada Lucrecia, quen fala do medo asociado ó traballo da oralidade nas aulas. É verdade que ás veces non se traballa porque nin nós mesmos nos sentimos competentes nese eido da comunicación, porque nos faltan recursos, estratexias... Pero o certo é que se considera a oralidade ou a conversa como a parte menos "productiva" do traballo nas aulas. Se falamos moito parece que non damos os contidos, que non temos xeito de avaliar ós alumnos, incluso nos tacharían de "raros", "demasiado innovadores" ou incluso "vagos"; tanto por parte do profesorado como das familias ou o propio alumnado.
A realidade é así; coido que o punto de partida ten que ser un cambio radical desta mentalidade. Non teño moi claro como se consigue.
En resposta a Libia Cibeira

Re: O medo

por Paco Diaz -
Me encanta esto que escribes, Libia!
Para min que apunta ao cerne mesmo da cuestión: O MEDO. A orixe de tantas cousas...
Encántame tamén o final da túa aportación, porque nos presenta un primeiro reto fundamental para esta actividade: Cómo conseguimos vencer ese medo?
Haberá que buscar respostas.
En resposta a Paco Diaz

Re: O medo

por Libia Cibeira -
Outra reflexión relacionada co anterior: "só pode educar ao neno a tribu enteira". O noso funcionamento como tribu, na maior parte dos casos, deixa moito que desexar. O traballo da oralidade sería só un exemplo máis. Como aprenden os nenos a súa lingua materna? Escoitándonos falar e falando. Sinto ser a pesimista do grupo, pero realmente non somos conscientes do poder que teríamos se funcionásemos como tribu.
En resposta a Libia Cibeira

Re: O medo

por Pilar Lucas -
Ese miedo a lo que puedan decir las familias si solo se dan cinco temas durante el curso en lugar de los diez, por ejemplo, que contiene el libro ya se eliminaría si solo se contemplaran cinco como punto de partida. Eso garantizaría el poder dedicar un porcentaje del tiempo a la oralidad o a otras cuestiones como reforzar lo que se va dando, cosa muy difícil en la actualidad.Para hablar, para reforzar, para repasar... se requiere tiempo y ese tiempo solo se logra en sistemas menos densos.