Ben... á vista das respostas vexo que segue habendo certa dificultade para falar de lectura, de comprensión lectora e de lectura crítica... e que todos falemos do mesmo. Penso que Tornero ao falar de lectura crítica está marcando o camiño, pero ao falar de lectura superficial non está falando unicamente de decodificación. A lectura crítica facémola "daquela maneira" todos e todas... pero sería bo que aprendésemos (xunto cos rapaces) a ser rigurosos cos termos que empregamos ao falar ou ao escribir e, tamén, a procurar entender que significa exactamente según que cosa que esteamos lendo. En realidade non é outra cousa que amar a linguaxe, en primeiro termo, e despois ter curiosidade por saber quen está detrás da mensaxe e porque escribe ou emite a mensaxe que emite, que quere dicir finalmente con iso.
Para entender este tipo de lectura tan difícil nestes tempos de confusión e de "todo vale", remítovos ao libro de Daniel Cassany que xa teño recomendado moitas veces, e que resulta esencial para falar de cuestións relativas á lectura e á comprensión lectora (xunto co impagable "Estrategias de lectura" de Isabel Solé):
"Tras las líneas. Sobre la lectura contemporánea." Edit. Anagrama, 2006
O capítulo 6, onde propón varios "exercicios" para practicar a lectura crítica, comeza cunha cita moi potente de Paulo Freire, a quen deberíamos rezarlle algo ao inicio de cada sesión deste curso. A cita di así: "La comprensión que se alcanza a través de la lectura crítica implica percibir la relación que existe entre el texto y su contexto".
E isto, moito me temo, só se aprende facéndoo... lendo e preguntándonos sobre o que hai detrás do texto... a forza de parecer desconfiados :)