SESIÓN INICIAL. CRISTINA NOVOA: A BIBLIOTECA ESCOLAR NA APRENDIZAXE BASADA EN PROXECTOS. Nesta primeira sesión abordaranse dúas cuestións principais:
Obxectivos e características do curso; a metodoloxía a seguir e a proposta que se fai aos asistentes para a realización dun produto final colectivo, "o proxecto" do propio curso.
Motivación e finalidade dos proxectos interdisciplinares propostos e apoiados desde a biblioteca escolar.
Requisitos que debe cumprir a biblioteca escolar (a nivel organizativo, de equipamento, de contidos e de servizos) para poder apoiar o desenvolvemento de proxectos documentais de carácter interdisciplinar e o tratamento do currículo por competencias.