No CEIP "A Lama", A Lama (Pontevedra), estamos mergullados na creación audiovisual co noso alumnado e o emprego da imaxe e o son como recurso pedagóxico.
Déixovos un artigo que escribimos para a revista EDUGA, co que describimos o novo espazo creado pola Biblioteca Escolar: o Laboratorio da Comunicación. (Fotos do espazo)
Nel podedes ter acceso a distintos exemplos de creacións: animacións en Stop Motion, Time Lapse...
ADVERTENCIA!!! Non dispoñer do mellor espazo, non pode ser desculpa para non experimentar coa creación audiovisual. Como poderás ler no artigo, creamos o Laboratorio porque levabamos bastante tempo facendo vídeos, non comezamos a facer vídeos logo de contar co espazo.