9. Proxectos
Proxecto 1: seguidor solar
Deseña e monta no taller un seguidor solar que se mova nun plano.
Esta páxina pode axudarche: http://diwo.bq.com/jugando-con-la-energia-solar/
Proxecto 2: gaita electrónica
Analiza e persoaliza este proxecto dunha gaita electrónica: http://diwo.bq.com/bq-invento-gaita-electronica/
Proxecto 3: aparcamento
Deseña o control dun aparcamento para dous vehículos que funcione do seguinte xeito:
- Se o coche se achega á entrada, preme un pulsador exterior e hai prazas libres, a barreira debe abrirse durante un tempo. Se non hai prazas libres non se abrirá.
- Para sair débese accionar un pulsador interior que manterá a barreira aberta un tempo apropiado.
- Un indicador luminoso avisará da existencia de prazas libres.
Fai as melloras que consideres.
Pista: iniciando o proxecto 3
Para a montaxe do aparcamento hai que contar cos compoñentes e materiais que temos á nosa disposición no taller.
Unha das opcións máis sinxelas é usar un relé reed situado en cada espazo de aparcamento, que detectará a presenza do vehículo no que previamente debemos ter colocado un pequeno imán. Para indicar que hai prazas libres é suficiente cun díodo LED e a barreira acoplarase a un servomotor para permitir a entrada ou saída non simultánea dos coches.
Reto: ampliando o aparcamento
Amplía a capacidade do aparcamento a tres vehículos e prescinde dos detectores nas prazas: o número de coches debe controlarse ó entrar e saír, ademais mostrarase o número exacto de prazas libres usando tres díodos LED.
Para que o código non se complique demasiado vai a ser útil crear unha función que controle a iluminación dos LED.
Reto: melloras no aparcamento
Engade un sensor que detecte a presenza do vehículo e manteña a barreira levantada ata que pase.
Entre os compoñentes que nos poden axudar temos os sensores de ultrasóns e os de infravermellos que indicamos a continuación, pero compre que investigues sempre outras opcións.
Sensor de infravermellos CNY70
Outros proxectos
1.- Deseña un circuito que, colocado nunha portería de futbol, sexa capaz de contar os goles marcados.
2.- Deseña un circuito para vehículos que axude a aparcar avisando acústicamente cando nos atopamos moi cerca do outro coche.
3.- Fai un indicador luminoso que acenda diferentes LEDs según o intervalo de temperatura detectado.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0