Saltar navegación

6. Traballando con sensores

Queremos

facer un detector de luminosidade cunha LDR. Se hai claridade debe acenderse un LED e cando esté escuro apagarase.

Usamos un divisor de tensión para subministrar a entrada a un pin analóxico:

Divisor de tensión

Se o nivel de luminosidade aumenta, a resistencia da LDR diminúe, polo que a tensión na entrada analóxica do Arduino aumentará.

Se a luminosidade se vai facendo menor, a resistencia da LDR aumenta e polo tanto tamén a tensión nela, proporcionando o divisor menor voltaxe de entrada ó Arduino.

Pódese utilizar un potenciómetro no canto da resistencia, isto vai a axudarnos a axustar o circuito ó nivel que nos interese.

O Arduino fai unha conversión do sinal analóxico (que pode tomar calquera valor entre 0 e 5 V) nun valor dixital co que logo pode traballar; como ten 10 bits de resolución, hai 1024 valores binarios posibles que marcan niveis do sinal de 5mV.

Tócache

1. Fai un detector de escuridade que permita acender o LED se é de noite.

2. Fai que dous LED se acendan  indicando dous niveis diferentes de luz (ou de escuridade).

3. Fai un xogo de luces que se active se é noite.

4. Controla a luminosidade dun LED cun potenciómetro

5. Controla a velocidade da intermitencia dun LED cun potenciómetro.

Pista

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0