Saltar navegación

7. Bucles

Queremos

reproducir a secuencia dun faro. Por exemplo: catro destellos de 1segundo, parar 10 segundos e volver a repetir indefinidamente.

Código en Visualino. Faro

Fíxate que así podemos repetir unha función un número determinado de veces. 

Algunhas das propostas que resolviches coa función Si pódense simplificar usando Contar con.

Descarga o ficheiro Visualino

Tócache

  1. Consigue o acendido alternativo de dous LED.
  2. Fai que o brillo dun LED aumente progresivamente e se apague, repetindo o ciclo constantemente.
  3. Modifica o código anterior para que tamén diminúa progresivamente.
  4. Utiliza 6 LED e simula un coche fantástico: encéndense de un en un do primeiro ó último, apáganse todos e volven a comezar.
  5. Modifica o código anterior para que cando estén todos acendidos se apaguen de un en un.
  6. Fai que un LED emita cinco destellos e se apague definitivamente.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0